1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.
2. Obra: construción dun centro de saúde en Panxón-Nigrán (Pontevedra), cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.
3. Nº de expediente: AB-SER3-14-002.
4. CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.
5. Orzamento total sen IVE: 1.735.021,22 €.
6. Orzamento total con IVE: 2.099.375,68 €.
7. Prazo de execución: quince (15) meses.
8. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría e.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 13.a e 13.b da folla de especificacións do prego.
c) Compromiso de medios persoais: véxase a cláusula 13.c da folla de especificacións do prego.
9. Garantía provisional: non se exixe.
10. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
11. Forma de tramitación: ordinaria.
12. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).
13. Exposición de proxectos e pregos: poderanse obter os pregos de cláusulas administrativas particulares e o proxecto desta contratación no perfil do contratante
http://www.sergas.es/
14. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
15. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación. Contratación documentalmente simplificada.
16. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 10 da folla de especificacións e nos puntos 3.5 e 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación.
17. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/
18. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2014
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos