Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 6 de febreiro de 2014 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución ditada no expediente sancionador de Pontevedra PO-S-103/12, por infracción grave en materia de turismo (CTSAN1 2012/103-4).

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle a Isabel González Rodríguez, con NIF 35449383N e enderezo no lugar de Refoxos, nº 33, Corvillón, de Cambados, a resolución da directora da Axencia Turismo de Galicia do recurso de reposición interposto contra a resolución do procedemento sancionador en materia de turismo pola comisión dunha infracción administrativa grave tipificada na Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro (DOG nº 36, do 23 de febreiro), e que, intentada polos medios habituais, non se puido levar a efecto.

A interesada poderá examinar o seu expediente e recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situada na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: CTSAN1 2012/103-4.

Resolución do recurso de reposición: desestimado.

Data da resolución: 30 de outubro de 2013.

Sanción de multa: 901,00 euros.

Comunícaselle que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa e son, por tanto, executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia