Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8366

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación familiar de vacún de leite con destino a corte libre para vacún de leite en Olveira.

María del Carmen Gómez Santos solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación familiar de vacún de leite con destino a corte libre para vacún de leite no lugar de Olveira. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas nas oficinas deste concello.

Dumbría, 20 de febreiro de 2014

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde