Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (151/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 151/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Confederación Intersindical Galega contra a empresa Confederación de Empresarios de Galicia, Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia), Limpiezas El Polígono, S.L., sobre conflito colectivo, ditouse auto o 27.1.2014, co teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Accédese ao solicitado pola Confederación Intersindical Galega e, en consecuencia, amplíase a presente execución ás seguintes persoas que actuarán como executantes: María Jesús Lodeiro Regueiro, Natividad Domínguez Castro, María Jesús Estévez Vázquez e Montserrat Espiña Moure.

Modo de impugnación: contra esta orde non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte executada poida opoñerse ao despacho de execución nos termos previstos no artigo 556 da LAC e no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación do presente auto e do decreto que se dite.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza substituta A secretaria xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial