Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra pola que se somete a información pública a solicitude de ampliación do perímetro de protección das augas declaradas minero-medicinais e termais do acuífero do que se abastecen os balnearios Acuña e Dávila, sitos no concello de Caldas de Reis (Pontevedra).

Faise pública a petición das empresas Balneario Hotel Dávila, S.L., con CIF B36984508, e Tres Mares, S.A., con CIF A39005574, propietarios actuais dos balnearios Dávila e Acuña respectivamente, pola que se ratifican na solicitude de ampliación do perímetro de protección conxunto dos seus manantiais, actualmente pendente de resolución, achegando informe hidrolóxico da proposta de definición do perímetro de protección do acuífero aproveitado polos dous balnearios.

O perímetro de protección que se propón comprende tres zonas de restricións coas seguintes coordenadas UTM Datum de referencia ED 50:

• Zona de restricións máximas (ZMA): proposta inicialmente no expediente do 1 de decembro de 1997 e ratificada polo IGME en 1998.

Zona de restricións absolutas (ZMA)-Balneario Acuña Sector Norte

UTMX (Sistema ED50)

UTMY (Sistema ED50)

529421,4

4416975,5

529445,3

4416975,5

529445,3

4416944,8

529421,4

4416944,8

Zona de restricións absolutas (ZMA)-Balneario Acuña Sector Sur

UTMX (Sistema ED50)

UTMY (Sistema ED50)

529304,8

4716851,7

529327,7

4716851,7

529327,7

4716821,0

529304,8

4716821,0

Zona de restricións absolutas (ZMA)-Balneario Dávila

UTMX (Sistema ED50)

UTMY (Sistema ED50)

529395,0

4717068,0

529418,0

4717068,0

529418,0

4717037,3

529395,0

4717037,3

• Zona de restricións medias (ZME): mesma zona proposta inicialmente no expediente do 1 de decembro de 1997 e ratificada polo IGME en 1998.

Zona de restricións medias (ZME)

UTMX (Sistema ED50)

UTMY (Sistema ED50)

530502,5

4719139,5

528406,6

4719161,4

528400,5

4715089,4

530520,3

4715098,7

• Zona de restricións mínimas (ZMI): representa unha superficie máis reducida dentro da que propoñía o IGME en 1998 e para todos os efectos representa o perímetro de protección do acuífero das augas aproveitadas polos balnearios Acuña e Dávila.

Zona de restricións mínimas (ZMI)
Perímetro de protección

UTMX (Sistema ED50)

UTMY (Sistema ED50)

530502,5

4719139,5

529348,7

4719382,3

528406,6

4719161,4

528496,1

4717014,5

527274,2

4716292,0

527160,5

4714543,0

529571,7

4713635,0

530783,0

4714674,0

531632,2

4717262,1

O expediente pode ser consultado durante o tempo de información pública nas oficinas desta xefatura territorial na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas), dado que limitan as actividades que se van desenvolver nelas, de acordo co disposto no Decreto 116/2001, do 10 de maio, polo que se modifica o Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas minero-medicinais e termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

O que se fai público co fin de que aquel que se considere interesado poida ver o expediente e presentar as alegacións que considere oportunas na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, dentro do prazo de 20 días contados desde o seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra