Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2014/20).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Domicilio social: Paseo del Conde de los Gaitanes, 177, 28109 Alcobendas (Madrid).

Denominación: ampliación do parque 220 kV da subestación Santiago: posicións de saída de liña ADIF-1 e ADIF-2.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: ampliación do parque 220 kV da subestación Santiago, mediante a instalación en intemperie de dúas (2) novas posicións de interruptor, de tecnoloxía AIS, cunha configuración en dobre barra con acoplamento, correspondentes ás dúas (2) novas posición de liña denominadas ADIF-1 e ADIF-2, coa seguinte disposición:

Posición 1: liña ADIF-2.

Posición 3: liña ADIF-1.

Embarrados baixos: conexións entre aparellos a 5,7 metros de altura, en tubo de aluminio Ø100/88 mm e condutor raíl dúplex.

Barras principais de tubo ríxido de aluminio Ø160/140 mm, a 9,85 metros de altura en configuración apoiada sobre illadores soporte.

Tendidos altos, a 15,50 metros de altura, en condutor Al-Ac raíl de 516,8 mm2 de sección.

Instalación de nova aparellaxe con nivel de illamento 460/1.050 kV, con illadores de liña de fuga mínima de 7.595 mm (equivalente a 31 mm/kV), referida á tensión nominal máis elevada para o material (Um) de 245 kV, consistente en:

Interruptores unipolares con cámaras de corte en SF6. Intensidade nominal/corte: 3.150/40 kA.

Transformadores de intensidade, de características conforme o Real decreto 1110/2007, do 24 de agosto, polo que se aproba o Regulamento unificado de puntos de medida do sistema eléctrico (BOE nº 224, do 18 de setembro).

Seccionadores de barras, tipo pantógrafo, de mando unipolar motorizado e intensidade nominal/límite térmica: 4.000/40 kA.

Seccionadores de liña, tipo rotativo de tres columnas, con coitelas de posta a terra, de mando unipolar motorizado e intensidade nominal/límite térmica: 2.000/40 kA.

Transformadores indutivos de tensión en cada saída, de características conforme o Real decreto 1110/2007, do 24 de agosto, polo que se aproba o Regulamento unificado de puntos de medida do sistema eléctrico (BOE nº 224, do 18 de setembro).

Pararraios autoválvulas, illadores de apoio tipo C10-1050 e illadores soporte tipo C6-1050.

Conexión á rede de terras inferiores (condutor Cu de 95 mm2) xa existente na subestación e instalación de mallado de terras superiores (puntas Franklin).

Sistemas de control, protección, telecomunicacións e servizos auxiliares.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 19 de febreiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña