Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 5 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica a Resolución do 30 de outubro de 2013, ditada no expediente sancionador IN635C 2013/41-4, por infracción administrativa grave en materia de minas.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícase ao titular que no anexo se menciona a resolución de expediente sancionador en materia de minas por infracción das letras c) e d) do artigo 121.2 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a súa notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias do departamento territorial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN635C 2013/41-4.

Denunciada: Pontevex, S.L.

CIF: B36746626.

Explotación mineira: Estrella nº 2489.

Enderezo: r/ Arquitecto Pérez Bellas, nº 7, 1º B.

Localidade: Vigo.

Precepto infrinxido: letras c) e d) do artigo 121.2 da Lei 22/1973, do 21 de xullo.

Resolución: 30 de outubro de 2013.

Sanción: multa de seis mil euros (6.000,00 €).