Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7981

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle (631/19/2014).

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o día 25 de xaneiro de 2014, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes dunha parcela de equipamento público, docente-asistencial, sita no lugar de Pedralonga, promovido pola Asociación Síndrome de Down A Coruña.

En cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da última publicación no DOG ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación do estudo de detalle pode consultarse no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, así como na páxina web do concello www.coruna.es/urbanismo.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo