Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2014 pola que se convocan os premios de investigación González Llanos e Concepción Arenal.

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña convocan os premios de investigación González Llanos e Concepción Arenal co fin de apoiar e impulsar os labores de investigación realizados no ámbito universitario e no mundo empresarial nas áreas de enxeñaría naval e de humanidades, respectivamente. Estes premios están dotados con 12.000 euros cada un, con cargo ao orzamento municipal, e o prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de maio de 2014. Para conseguir máis información, consulte o enderezo http://www.udc.es ou chame ao teléfono 981 33 74 00, ext.: 3800.

Ferrol, 3 de febreiro de 2014

Mª Araceli Torres Miño
Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social