Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7906

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1096/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1096/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alain Muíño Gende contra a empresa Carpintería Carreira, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e Juan José Carballido Núñez, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido:

1º. Que, estimando a demanda formulada por Alain Muíño Gende contra a empresa Carpintería Carreira, S.L., condeno esta a aboarlle á parte demandante 5.089,71 euros líquidos, así como 1.099,57 euros en concepto de xuros moratorios ata a presente sentenza.

2º. Desestímase a demanda fronte a Juan José Carballido Núñez.

3º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS e artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 1096 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1096 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpintería Carreira, S.L. e a Juan José Carballido Núñez, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de febreiro de 2014

O secretario xudicial