Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de febreiro de 2014 pola que se notifica a ampliación do prazo para ditar resolución no procedemento de reposición da legalidade urbanística IU3/79/2012.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 17 de decembro de 2013, ditou resolución pola que amplía o prazo para resolver o procedemento de reposición da legalidade urbanística IU3/79/2012, incoado por actividades de parcelación e construción de varias edificacións no lugar de Bravos, Vicinte, no termo municipal de Outeiro de Rei.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Ángel Apolinario Silva Echagues, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Esta resolución de ampliación de prazo de resolución non é susceptible de recurso, consonte o artigo 42.6 da Lei 30/1992.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística