Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de febreiro de 2014 polo que se acepta a renuncia e se declara a extinción da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica outorgado ao Concello de Xove.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día seis de febreiro de dous mil catorce,

RESOLVO:

Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta do 6 de febreiro de 2014 que a continuación se transcribe:

«Aceptar a renuncia e declarar a extinción da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica outorgado ao Concello de Xove (Lugo)».

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios