Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 6 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/CON/2013/00212, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido en Menora, 19, A Ramallosa, 36350 Nigrán (Pontevedra), a resolución que desestima o recurso de alzada número RA/CON/2013/00212, formulado contra a resolución do director xeral de Conservación da Natureza, cuxa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Desestimar o recurso de alzada número RA/CON/2013/00212, interposto por Manuel Hermida Rodríguez e confirmo a resolución impugnada en todos os seus termos cunha multa de 601,04 euros como consecuencia de lle aplicar a sanción prevista no artigo 24.1 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, á infracción grave cometida, tipificada no artigo 21.1.i) e j) desta lei.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo, á súa elección, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición do seu domicilio ou o de Santiago de Compostela por ser a sede do órgano administrativo que ditou o acto orixinario impugnado, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición, durante un prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao do remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas