Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 2014 Páx. 7914

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (914/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 914/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Iglesias Bermúdez contra a empresa Tórculo Artes Gráficas, S.A., Randstad Empleo ETT, Fotocopias Maxín, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o catro de febreiro de dous mil catorce.

O anterior escrito presentado por José Antonio Montero Vilar únase e, á vista do contido e da coincidencia de sinalamentos acreditada, suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 27 de febreiro de 2014, quedando os autos pendentes do ditame de resolución co novo sinalamento.

Únase o escrito presentado pola administradora concursal María Sierra Rodríguez e confírase traslado deste ás partes co fin de que no prazo dunha audiencia aleguen o que ao seu dereito conveña respecto á finalización do procedemento por carencia sobrevida de obxecto.

A anterior citación remitida a Fotocopias Maxín, S.L.U. únase e, á vista do resultado negativo da notificación efectuada de modo persoal polo SCAE de Santiago no domicilio indicado á devandita empresa no procedemento de despedimento 915/2013 tramitado por este xulgado, consúltense as bases de datos informáticas co fin de indagar o novo domicilio da devandita empresa.

Á vista do resultado da indagación domiciliaria, notifíquese e confírase traslado a Fotocopias Maxín, S.L. a través de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario Fotocopias Maxín, S.L.U. que ten á súa disposición neste xulgado a demanda e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento e que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial