Carmelo Barrios Morales solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza de actividade para centro de ocio infantil que se situará na Veiguiña (Alcabre) (CM), nº 30 (expediente 39011/422).
De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.
O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do Edificio da Xerencia, sito na Praza do Rei, 4, Vigo).
Vigo, 30 de xaneiro de 2014
Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio