Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7547

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2014 polo que se fai pública a resolución pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 xestionadas por esta entidade para o curso escolar 2014/15.

De conformidade coa Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 27 de xaneiro de 2014, anúnciase o prazo de reserva de praza, preinscrición de novo ingreso e matrícula de usuarias/os da Rede de Escolas Infantís de Galicia que se detallan na dita resolución para o curso escolar 2014/15.

A resolución correspondente a esta convocatoria está exposta na sede do Consorcio, na súa páxina web www.igualdadebenestar.org, no taboleiro de anuncios das escolas infantís e no taboleiro de edictos dos concellos.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar