Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 4 de febreiro de 2014 pola que se notifican as resolucións referenciadas, ditadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (CTSAN1 2013/13-1 e catro máis).

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) notifícaselles aos titulares de establecementos turísticos que a continuación se mencionan as resolucións dos procedementos sancionadores en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, e da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia situada na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición, ante a titular da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: CTSAN1 2013/013-1.

Sancionada: Luose Explotaciones Hosteleras, S.L.

NIF: B15794484.

Último domicilio: rúa Torreiro, nº 11.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 110.16 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2012/102-4.

Sancionado: José Luis Caldelas Vilas.

NIF: 33279295C.

Último domicilio: rúa Rosalía de Castro, nº 26, baixo.

Localidade: Soutomaior (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 70.a) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2013/001-4.

Sancionado: Domingo Paz Blanco.

NIF: 34870352Y.

Último domicilio: rúa Real, nº 53, baixo.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.15 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2013/002-4.

Sancionado: Domingo Paz Blanco.

NIF: 34870352Y.

Último domicilio: rúa Real, nº 53, baixo.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.15 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2013/008-4.

Sancionada: Gestión y Explotación de Restaurantes 2009, S.L.

NIF: B32398067.

Último domicilio: rúa Progreso, nº 72, 1º.

Localidade: Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

Comunícaselle que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa, sendo polo tanto executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia