Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, no curso do procedemento de segundas adxudicacións de vivendas de promoción pública para o concello do Porriño, por medio do que se sinala comparecencia aos interesados que se relacionan no anexo.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal aos interesados que se relacionan no anexo, emprázanse estes para que comparezan no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4º planta. Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se lle intenta notificar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: procedemento de segundas adxudicacións de vivendas de promoción pública para o concello do Porriño.

Nome dos interesados: Rodrigo Correa Candelero, José Vicente Senra Antúnez.

Indicación do contido do acto: requirimento de documentación.