Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2014 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación urxente, do contrato non suxeito a regulación harmonizada de execución das obras, expediente 2/2014-CNTOB, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder Galicia 2007-2013), eixe 5.56.1: portos deportivos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

– Descrición do obxecto: remodelación das instalacións náutico-recreativas no porto de Baiona.

– Clave do expediente: 2/2014-CNTOB.

– Lugar de execución: Baiona (Pontevedra).

– Valor estimado do contrato: 348.241,67 euros, IVE excluído.

– Orzamento base de licitación: trescentos corenta e oito mil douscentos corenta e un euros con sesenta e sete céntimos (348.241,67 €), IVE excluído.

– Importe do IVE (21 %): 73.130,75 euros.

– Financiamento das obras: cofinanciadas pola Unión Europea dentro do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 %, incluídas no eixe 5.56.1: portos deportivos.

– Prazo de execución: tres (3) meses.

– División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

– Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

– Teléfono: 881 99 52 70.

b) Perfil do contratante na web: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no perfil do contratante, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20124

c) A documentación técnica (proxecto), o PCAP e o CCC tamén se poderán obter en:

– Copy Nino, rúa Feáns, 19, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

– http://www.portosdegalicia.es (epígrafe Contratación administrativa; subepígrafe: Área de Infraestruturas).

A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no punto 7.a) do presente anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a obrigatoria non se exixe.

b) Solvencia económica e técnica: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia conforme o disposto nas cláusulas 3.3.2 e 3.3.3 do PCAP.

c) Clasificación substitutiva da solvencia: F-2-e.

d) Outros requisitos: non se exixen.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo terceiro (13º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a referida na cláusula 3.5 do PCAP.

c) Lugar da presentación: as proposicións presentaranse, en tres (3) sobres pechados, no Rexistro Xeral de Portos de Galicia, sito na praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela 15707 (teléfono: 902 40 08 70, fax: 981 54 53 24), segundo se especifica no punto 3.4 do PCAP, ou envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas, en virtude do disposto nos números 2 e 4 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos na cláusula 3.6.2 do PCAP.

f) Admisión de variantes ou de melloras: de acordo co disposto no número 8 do CCC, neste procedemento non se admite a presentación de variantes pero si se admiten as melloras nos termos especificados no devandito número do CCC.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º (Área Central).

c) Localidade: 15707 Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

No acto público de apertura do sobre B, a mesa fixará e dará publicidade á data, lugar e hora en que se procederá á apertura do sobre C.

e) Hora: 9.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización do acto público de apertura das proposicións, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto no número 1 da cláusula 3.6.1.b) do PCAP, comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se é o caso, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia