Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7190

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (415/2012).

Begoña Acha Barral, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso 415/2012 seguido por instancia de Anneris Yudelky Pineda Araujo fronte a Víctor Lima Barbeito ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Decido que, estimando a demanda deducida polo procurador Sr. Guillán Pedreira, en nome e representación de Anneris Yudelki Pineda Araujo, interposta fronte a Víctor Lima Barbeito, en situación procesual de rebeldía, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio celebrado por eles o día 8 de marzo de 2008 en Sanxenxo, inscrito no Rexistro Civil de Sanxenxo, tomo 49, páxina 220.

Decrétase a disolución da sociedade de gananciais vixente entre os cónxuxes.

Acórdase, ademais, en relación coa filla común menor de idade:

a) Que a patria potestade da filla menor a exercerán conxuntamente ambos os proxenitores.

b) Decretar que a filla menor quede baixo a garda e custodia da nai.

c) Establécese un réxime de visitas entre o pai e a filla menor de idade nos seguintes termos:

Fins de semana alternos, desde as 20.00 horas do venres ata as 20.00 horas do domingo, debendo recoller o pai e devolver a menor no domicilio da nai. En caso de pontes ou días festivos unidos a unha fin de semana, a menor estará en compañía do proxenitor a que corresponda esa fin de semana estar coa menor.

d) En canto aos períodos de vacacións: as vacacións de Nadal dividiranse, en consecuencia, en dous períodos, das 10.00 horas do día 23 de decembro ou, caso de ser día laborable, desde a saída do colexio, ás 20.00 horas do día 30 de decembro, e desde este, ás 17.00 horas do día 7 de xaneiro, estando a menor nos anos pares o primeiro período co pai, e o segundo nos impares.

As vacacións de Semana Santa pasaraas os anos pares coa nai e os impares co pai, podendo de mutuo acordo ambos os proxenitores dividilas en dous períodos.

As vacacións de verán dividiranse en dous períodos correspondentes aos meses de xullo e agosto, estando cun dos proxenitores das 10.00 horas do día 1 de cada mes ás 10.00 horas do día 1 do mes seguinte, estando o primeiro mes co pai nos anos pares, e coa nai nos impares.

Durante estes períodos ambos os proxenitores informaranse mutuamente respecto a onde se encontre a menor e permitirán en todo caso a comunicación por teléfono entre esta e o proxenitor que non a teña consigo nese momento.

e) En concepto de pensión alimenticia a favor da filla, Víctor Lima Barbeito deberá aboar a Anneris Yudelki Pineda Araujo a cantidade de douscentos euros mensuais (200 €). O pagamento efectuarase entre os días 1 e 10 de cada mes na c/c nº 0072 0428 6500 0010 1783, da entidade bancaria Banco Pastor, titularidade da nai. Cantidade que será actualizada anualmente conforme as variacións do IPC que marque o Instituto Nacional de Estatística ou organismo similar que no futuro poida substituílo.

f) Ambos os proxenitores satisfarán os gastos extraordinarios ao 50 %, agás en casos de urxencia. Inclúense como gastos extraordinarios o material escolar, clases particulares, actividades extraescolares, gastos médicos, etc.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse oportunos mandamentos para a anotación do divorcio no Rexistro Civil de Sanxenxo.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre custas neste proceso.

Modo de impugnación: esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O recurso de apelación interpoñerase ante o tribunal que ditou a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Víctor Lima Barbeito, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 19 de novembro de 2013

A secretaria xudicial