Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2014, da Área de Recadación, polo que se relaciona requirimento de documentación en relación co recurso de reposición contra a dilixencia de embargo pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia (Insua Sobrido, Javier).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase requirimento de documentación en relación co recurso de reposición contra a dilixencia de embargo pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado

NIF

Enderezo

Procedemento

Insua Sobrido, Javier

52451259N

Rúa Tetúan, 65

15950 A Pobra do Caramiñal

A Coruña

Recurso de reposición contra dilixencia de embargo