Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda someter a información pública o proxecto de orde pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

O proxecto de orde pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia ten por obxecto o establecemento dos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas que se aplicarán nos distintos distritos forestais da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco da xestión forestal sustentable dos montes, de acordo coa definición da Conferencia Ministerial sobre Protección de Bosques en Europa de Helsinki en 1993.

De acordo co exposto e de conformidade co establecido no parágrafo segundo do artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que establece que, cando o contido e a repercusión da disposición o aconsellen, será sometida a información pública,

ACORDO:

Someter a información pública, polo prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, o proxecto de orde pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

O texto do proxecto de orde poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:
http://www.medioruralemar.xunta.es/anuncios/avisos/vixentes/

As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán enviar as súas alegacións, preferentemente mediante correo electrónico, ao seguinte enderezo electrónico: reximexuridico.cmrm@xunta.es, ou alternativamente, mediante a presentación do escrito dirixido á Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo da Consellería do Medio Rural e do Mar en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar