Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 2014 Páx. 7213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013125TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 30 de decembro de 2013, a xefa territorial de Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2013125TA-OU incoado a Jorge Prada Rey, DNI 76734362-Z, con domicilio na avenida Marcelo Macías, 2-2º, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Jorge Prada Rey o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina Novagalicia Banco-Xunta modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 27 de xaneiro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013125TA-OU.

Denunciado: Jorge Prada Rey.

DNI/NIF/CIF : 76734362-Z.

Último domicilio coñecido: avenida Marcelo Macías, 2-2º, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 7 da Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).