Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 7014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de febreiro de 2014 pola que se notifica a apertura e práctica da proba no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/49/2013.

A instrutora do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/49/2013 ditou, o 20 de xaneiro de 2014, resolución pola que se notifica a apertura e práctica da proba, a José Luis Vigo González e Diego Vigo Bermúdez, polas obras realizadas en solo rústico sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción de vivenda, soleiras, instalación de dúas caixas contedor de camión, invernadoiro e construción de madeira e chapa, no lugar de Corgo, Rialiño, Laíño, termo municipal de Dodro (A Coruña).

Ao non poder realizarse a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución:

«Na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística está a tramitarse expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras e usos do solo realizados en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes en cerramento de parcela, construción de vivenda, soleiras, instalación de dúas caixas contedor de camión, invernadoiro e construción de madeira e chapa nas parcelas 280 e 281 do polígono 11, con referencias catastrais 15033A011002800000JA/15033A011002810000JB, sitas no lugar de Corgo, Rialiño, Laíño, no termo municipal de Dodro, provincia da Coruña.

José Luis Vigo González e Diego Vigo Bermúdez presentan, escrito no cal alegan, entre outras cuestións, as seguintes:

– O cerramento está amparado na licenza municipal concedida o 19.12.2008. Ten dúas licenzas municipais para a construción de dous alpendres (19.12.2008 e 6.3.2009).

– As construcións de 40 m2 non teñen uso residencial, senón de alpendre.

– A inspección realizouse sen a presenza dos interesados.

– O invernadoiro conta con licenza municipal.

– A superficie da parcela é de 4.072 m2.

– Existe explotación agrícola na parcela.

Á vista do anterior, e de conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o 20.1.2014 a inspectora acordou abrir un período de proba por un prazo de 30 días hábiles para a práctica, entre outras, da seguinte proba:

Visita de inspección polos subinspectores urbanísticos do Servizo Provincial da Coruña á parcela co fin de comprobar se nela existe unha explotación agrícola, e ao interior das construcións e instalacións existentes nela co fin de comprobar os usos, dimensións e as súas características principais.

A práctica da proba fixouse para o día 6 de febreiro de 2014, ás 10.30 horas da mañá.

Intentada a notificación deste acordo mediante correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no expediente, non foi recibido polos interesados, nin recollido na oficina de Correos, malia de ter sido depositado o correspondente aviso.

Polo exposto, e de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede efectuar a notificación por medio de anuncios no taboleiros de edictos do concello e no Diario Oficial de Galicia.

Dada a imposibilidade de levalo a cabo con anterioridade á data fixada para a visita de inspección, procede modificar esta, polo que a práctica da proba se realizará o vindeiro 25 de marzo de 2014, ás 11.00 horas da mañá, á cal quedan convocados os interesados que poderán nomear técnicos para que os asistan».

Para que conste e lles sirva de notificación de resolución aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística