Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 17 de outubro de 2011.
Faise saber que a interesada disporá dun prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014
Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación
ANEXO
Entidade: Asociación Xordos de Pontevedra Río Lérez.
Enderezo: Amado Carballo, 1, 2º B, Edif. Virxe do Camiño, 36002 Pontevedra.
Nº expte.: TR352A 2011/577-0.
Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 19 de novembro de 2013.
Preceptos incumpridos: artigo 8.2) da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2011, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cantidade que se debe reintegrar: 12.919,77 €.