Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2014 Páx. 6985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida no expediente TR352A 2010/261-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 22 de outubro de 2010.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Federación Profesionais e Autónomos de Galicia-OAP.

Enderezo: rúa do Cruceiro, 15, baixo, 36002 Pontevedra.

Nº expte.: TR352A 2010/261-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 19 de decembro de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2 da Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que se debe reintegrar: 1.024,80 €.