Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6772

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2014 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía, grupo III da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude de probas selectivas convocadas por Resolución reitoral do 24 de outubro de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 9 de novembro).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas por Resolución reitoral do 24 de outubro de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 9 de novembro) para cubrir tres prazas da categoría profesional técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía, grupo III, e logo de comprobado que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos estatutos da USC,

resolve:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán os seus contratos no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía.

Quenda de acceso libre.

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

33298609-Z

Pazos Guldrís, María José

2

76872573-H

Rivas Cascallar, Mercedes

3

53166776-E

Antón Segurado, Raquel