Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a devolución dos impresos das fianzas provisionais dos lotes 089/00, 091/00, 093/00 e 102/00.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Montes da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación considerarase producida desde o día seguinte.

Lugo, 28 de novembro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 089/00, 091/00, 093/00 e 102/00.

Interesada: Maderas Curtis, S.L.

Acto notificado: devolución de impresos das fianzas provisionais dos lotes 089/00, 091/00, 093/00 e 102/00.