Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento das frondosas caducifolias 12150093/2009 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención 12150093/2009, 12150102/2009, 12150103/2009, 12150105/2009 e 12150107/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, no cal poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición, perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou directamente recurso contencioso-administrativo, perante ao órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte o da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen pertinente.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último domicilio coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio nos seus taboleiros de edictos.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención 12150093/2009.

Interesado: Ramón Juan Romero Carril.

Acto de notificación: resolución.

Último domicilio coñecido: apartado de correos, 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención 12150102/2009.

Interesada: Marta Isabel Sendón Coscoñas.

Acto de notificación: resolución.

Último domicilio coñecido: apartado de correos, 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención 12150103/2009.

Interesada: Silvina Dolores Touriñán Leiro.

Acto de notificación: resolución.

Último domicilio coñecido: apartado de correos, 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención 12150105/2009.

Interesado: Jesús Andrés García Touriñán.

Acto de notificación: resolución.

Último domicilio coñecido: apartado de correos, 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención 12150107/2009.

Interesada: María Aurora Paz Villar.

Acto de notificación: resolución.

Último domicilio coñecido: apartado de correos, 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).