Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Boqueixón (expediente IN407A 2013/106).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra A Granxola.

Situación: Boqueixón.

Características técnicas:

– Pasos aereosubterráneos MT.

Tensión de servizo: 20 kV. Tensión nominal: 20 kV. Tipo: tres pasos aereosubterráneos que se realizarán no apoio nº 24 de tipo HVH 13/2500 de nova execución da LMT A Ponte Ulla-Vilar (expediente 249/2002).

– Tramo LMT subterránea LMT A Ponte Ulla-Vilar.

Inicio liña (UTM): paso aereosubterráneo proxectado que se vai realizar no apoio nº 24 de tipo HVH 13/2500 de nova execución da LMT A Ponte Ulla-Vilar (expediente 249/2002) (UTM 549.491; 4.739.774).

Final liña (UTM): paso aereosubterráneo proxectado que se vai realizar no mesmo apoio nº 24 existente de tipo HVH 13/2500 de nova execución da LMT A Ponte Ulla-Vilar (expediente 249/2002), despois de realizar entrada e saída no centro de seccionamento A Granxola proxectado (UTM X-549.491; Y-4.739.780).

Lonxitude: 36,54 m.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1- 2 OL-12/20 kV- 3 (1× 240 Al).

Tensión de servizo: 20 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

– Tramo LMT subterránea DER a Porcariza.

Inicio liña (UTM): cela de liña que se vai instalar no centro de seccionamento A Granxola proxectado (UTM X-549.491;Y-4.739.780).

Final liña (UTM): paso aereosubterráneo proxectado que se vai realizar no apoio nº 24 de tipo HVH 13/2500 de nova execución da LMT DER a Porcariza (expediente 27.702) (UTM 549.491; 4.739.774).

Lonxitude: 18,27 m.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2-OL-12/20 kV- 3 (1×240 Al).

Tensión de servizo: 20 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

– Centro de seccionamento e manobra A Granxola.

Tipo: edificio de seccionamento en caseta de obra civil.

Aparellaxe MT: celas con illamento en SF6.

Esquema do centro: 3L.

Tensión de servizo: 20 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña