Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6602

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de información pública sobre construción de silos de forraxe para ampliación de explotación de gando vacún de leite en Surrego (Buciños).

Ana María Pereira Cardero solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de silos de forraxe para ampliación de explotación de gando vacún de leite existente, que se situará en Surrego (Buciños). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carballedo, 22 de xaneiro de 2014

Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde