Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6603

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre instalación e apertura de taller de carpintaría metálica no parque empresarial de Alvedro (Almeiras).

Dimalnox, S.C. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dun taller de carpintaría metálica na rúa H, nº 37, nave 37, do parque empresarial de Alvedro, parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 27 de xaneiro de 2014

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo