Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6607

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2014 mediante a que se anuncia procedemento aberto para a contratación das obras do proxecto modificado de finalización das obras do centro de coñecemento La Molinera.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

d) Número de expediente: ref. 2259.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto modificado de finalización das obras do centro de coñecemento La Molinera.

c) Lugar de execución: concello de Ourense.

d) Prazo de execución: tres (3) meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 45214000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: 66 puntos.

Melloras gratuítas: 20 puntos.

Memoria construtiva: 10 puntos.

Incremento do prazo de garantía: 4 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 264.462,80 euros. IVE: 55.537,19 euros. Importe total: 319.999,99 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 9 do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 9 de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, número 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous (2) meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense; praza Maior, número 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 6 de febreiro de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde