Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6610

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a prestación do servizo de xestión das actividades do Entroido 2014 (expediente 08/14).

Por Decreto da Alcaldía, do 4 de febreiro de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 08/14).

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de xestión das actividades do Entroido 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 8.600 € (7.107,44 € máis 1.492,56 € en concepto de IVE), e un prazo de execución entre o 1.3.2014 e o 8.3.2014.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: oito (8) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 4 de febreiro de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde