Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Bergondo, Paderne e Miño (expediente IN407A 2004/483).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I ao modificado I LMTS Subestación Pedrido-Urbanización Anacara, sector I, Perbes.

Situación: concellos de Bergondo, Paderne e Miño.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) a 15/20 kV, tramo subestación Pedrido a CT avda. Xeneralísimo, 22, cunha lonxitude de 2,769 km, con condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV. 3 (1×240) mm² Al, con orixe na cela de liña existente na subestación Pedrido (expediente 6393), no concello de Bergondo, cun primeiro tramo desde a subestación Pedrido ata o punto 12 de 1,065 km en canalización existente do anexo II da LMT cruzamento ría do Pedrido, liñas nº 5, 9 e 10 (expediente IN407A 2006/57), nos concellos de Bergondo e Paderne, e final na cela de liña existente no CT avda. Xeneralísimo, 22 (expediente IN407A 2005/565), no concello de Miño.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) a 15/20 kV, tramo deriv. de CT Sombreu a LMT a CT Autoestrada-Peaxe, cunha lonxitude de 0,226 km, con condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV. 3 (1×240) mm² Al, con orixe en empalmes proxectados na LMTS PED-705 entrada avda. Xeneralísimo (expediente IN407A 2000/58), en punto de acceso a rede proxectado diante do CT avda. Xeneralísimo, 22 (expediente IN407A 2005/565), e final en paso aero-subterráneo que se instalará no apoio existente nº 24 da LMT PED-705, onde actualmente se realiza o paso aereo-subterráneo que se retirará cara ao CT avda. Xeneralísimo (expediente 50742), no concello de Miño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o anexo I ao modificado I do proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña