Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6475

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de xaneiro de 2014 pola que se adxudica destino definitivo aos funcionarios que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 10 de marzo de 2008.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 8 de xaneiro de 2014 (DOG número 7, do 13 de xaneiro), ao cal foron convocados os funcionarios que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde aos funcionarios que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 10 de marzo de 2008 (DOG número 56, do 24 de marzo), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 15 de xaneiro de 2014.

Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo
Promoción interna

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Niv.

Subgrupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

50808878S

Gómez Apesteguía, José Miguel

(*)

PXA110000515770040

28

A1 A2

Xeral/especial

Área de solucións tecnolóxicas sectoriais

PX

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Servizos centrais

Santiago de Compostela

Para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)

(*) Orde do 9 de decembro de 2013 (DOG número 236, do 11 de decembro) pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación

Acceso libre

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Niv.

Subgrupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

32765917W

Vázquez Oliván, Jaime

2

PR9010000015770005

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

PR

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Santiago de Compostela

Enxeñaría de Telecomunicacións