Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6478

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de xaneiro de 2014 pola que se adxudica destino definitivo aos funcionarios que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 20 de decembro de 2013 (DOG número 1, do 2 de xaneiro de 2014), ao cal foron convocados os funcionarios que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde aos funcionarios que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG número 7, do 10 de xaneiro de 2008), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 8 de xaneiro de 2014.

Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Acceso libre

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Niv.

Subgupo

Corpo/

escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

34260198L

Mateo Macía, Mateo

12

INC991000036001055

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Pontevedra

Pontevedra

Enx. Técn. Industrial

32764510K

Mosquera Naveira, Pedro

14

INO110020015001020

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Instituto Galego de Consumo (Xerencia)

Laboratorio de Consumo de Galicia (A Coruña)

A Coruña

Enx. Técn. Industrial

Experiencia en ensaios laboratorios electromecánicos (mérito)

34927819L

Aceiro Pérez, Joaquín

13

INC991000036001056

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Pontevedra

Pontevedra

Enx. Técn. Industrial

33331788G

Rodríguez Vázquez, Álvaro

10

INC991000027001031

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Lugo

Lugo

Enx. Técn. Industrial

07964378F

Vega Riveiro, Rafael

(*)

INC050000315770030

28

A1, A2

Especial

Xefatura Servizo Metroloxía e Laborator. Oficiais

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Admon. Industrial

Santiago de Compostela

Enx. Industrial, Enx. Téc. Industrial, Enx. Minas, Enx. Téc. Minas

52497164D

Insua López, Juan Benito

5

INC050000315770016

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Admon. Industrial

Santiago de Compostela

Enx. Técn. Industrial

(*) Orde do 25 de abril de 2011 (DOG número 89, do 9 de maio) pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación.