Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6493

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de xaneiro de 2014 pola que se adxudica destino definitivo aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de montes, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 15 de xaneiro de 2014 (DOG número 12, do 20 de xaneiro), ao cal foron convocados os/as funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de montes, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de montes, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG número 7, do 10 de xaneiro de 2008), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 22 de xaneiro de 2014.

Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Promoción interna

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Niv.

Subgrupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

44083156E

Quiñones Vázquez, Pablo

23

MRC991080136001010

20

A1

Especial

Técnico de apoio ao SPDCIF

MR

Servizos periféricos

Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (Pontevedra)

Pontevedra

Enxeñaría de Montes

76722249E

Peña López, Óscar

8

MR3010000015770002

26

A1

Especial

Xefatura área técnica

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. de Medio Rural e Montes

Santiago de Compostela

Enxeñaría de Montes

Coñecementos de sistemas de información xeográfica (R.I.), coñecementos de técnicas forestais

Acceso libre

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Niv.

Subgrupo

Corpo/

escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

03454384Z

González Andrés, Carlos

15

MR3010000115770049

25

A1

Especial

Xefatura de Sección do Sistema Rexistral Forestal

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. Recursos Forestais

Santiago de Compostela

Enxeñaría de Montes

36108022T

Quiñones Estévez, Mª Carmen

6

MAC991000532001005

25

A1

Especial

Xefatura Sección Xestión Ambiental II

MA

Servizos periféricos

Servizo de Calidade Ambiental (Ourense)

Ourense

Enxeñaría Superior

Experiencia xestión ambiental (mérito)

30794817W

De Miguel Espejo, Ángela

19

MRC991000015001015

20

A1

Especial

Posto base grupo A

MR

Servizos periféricos

Xefatura Territorial A Coruña

A Coruña

Enxeñaría de Montes

32669435M

Perales Garat, Gonzalo

1

MAC050000115770025

25

A1

Especial

Unidade Intervención Ambiental I

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría Superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito)

33330833S

Moure Acuña, Mª Lina

(*)

MR3010000115770055

28

A1, A2

Especial

Xefatura Servizo do Medio Forestal

MR

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

S. X. Recursos Forestais

Para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.)

76996142P

García Acuña, Pablo

2

MAC050000115770029

25

A1

Especial

Unidade Intervención Ambiental V

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría Superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito).

33349515K

Rodríguez Gay, Rubén

5

MAC991000027001007

20

A1

Especial

Posto base grupo A

MA

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Lugo

Lugo

Enxeñaría de Montes

44447917A

Alberte Rivera, Mª José

22

MRC991080132001010

20

A1

Especial

Técnico de apoio ao SPDCIF

MR

Servizos periféricos

Servizo de Prevencion e Defensa contra Incendios Forestais (Ourense)

Ourense

Enxeñaría de Montes

(*) Orde do 10 de outubro de 2013 (DOG número 205, do 25 de outubro) pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación.