Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 13 de decembro de 2013 (DOG número 241, do 18 de decembro), ao cal foron convocadas as funcionarias que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde ás funcionarias que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG número 7, do 10 de xaneiro de 2008), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 20 de decembro de 2013.
Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda
Anexo
Acceso libre
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Niv. |
Subgrupo |
Corpo/escala |
Denominación |
Cons. |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Titulación requirida |
09404852Z |
Álvarez Márquez, Lucía |
9 |
INC050000215770010 |
26 |
A1 |
Especial |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
IN |
Dirección Xeral de Enerxía e Minas |
S. X. de Recursos Minerais |
Santiago de Compostela |
Enxeñaría de Minas |
36153034R |
Diéguez Gómez, María |
(1) |
MAC050000315770030 |
28 |
A1, A2 |
Xeral/especial |
Servizo Prev. e Control Intgdo. Contaminación |
MA |
Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental |
S. X. de Calidade Ambiental |
Santiago de Compostela |
(1) Orde do 8 de xullo de 2011 (DOG número 145, do 29 de xullo) pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación.