Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2014 polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Martínez Iglesias, Carlos Alberto e sete máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos administrativos derivan de distintos procedementos de axudas para proxectos de enerxías renovables: enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas (IN421B); enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas (IN421C) e caldeiras de biomasa (IN421D).

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia, situada na rúa Avelino Pousa Antelo, número 5 (San Lázaro), en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

Anexo

Código de solicitude

Interesado/a

Acto administrativo que se notifica

IN421C/13R196

Carlos Alberto Martínez Iglesias

Resolución de arquivamento con perda do dereito ao cobramento da axuda

IN421D/13R977

Cdade. Prop. Avda. Luis Espada, 31

Resolución de arquivamento por non execución do investimento

IN421D/13R1981

Serafín Fernández Ares

Requirimento de emenda de defectos na xustificación

IN421B/13R135

Roberto Vila García

Resolución de aceptación da renuncia do beneficiario

IN421C/13R213

Alfonso Casas Vázquez

Resolución de minoración da axuda

IN421D/13R1333

Beatriz Fernández Pérez

Resolución de arquivamento por desistencia da solicitude

IN421D/13R1992

María Josefa Baz Cadilla

Resolución de arquivamento por desistencia da solicitude

IN421D/13R1761

María Begoña Conde Vilar

Requirimento de emenda de defectos na xustificación