Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo da explotación das instalacións de depuración na autovía AG-64 (clave GA/00/077.01.1. AT/024/2013).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: GA/00/077.01.1. AT/024/2013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo para a explotación das instalacións de depuración na autovía AG-64.

c) CPV: 90420000-7.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: 17 de agosto de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.141.897,44 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.405.659,46 €. Importe total: 1.700.847,95 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2 de decembro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 30 de decembro de 2013.

c) Adxudicataria: UTE Gestán Medioambiental, S.L.-Intacta Gestión Ambiental, S.L.-Tecnologías y Tratamientos Ambientales, S.L. (UTE ITG Eume).

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 1.131.555 €. Importe total: 1.369.181,55 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas