Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013169TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de decembro de 2013, a xefa territorial de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013169TA-OU a Binda Hostelería, S.L. (Club Xeratón), CIF B32430936, con domicilio na estrada nacional 525, nº 164-32600 Verín (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Binda Hostelería, S.L. (Club Xeratón), o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 21 de xaneiro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2013169TA-OU.

Denunciada: Binda Hostelería, S.L. (Club Xeratón).

DNI/NIF/CIF: B32430936.

Último enderezo coñecido: estrada nacional 525, nº 164, 32600 Verín (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: setenta e cinco euros (75,00 €).