Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (623/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 623/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Aitor Santos Alonso contra a empresa White-Wise Corporation, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Aitor Santos Alonso, contra a empresa White Wise Corporation, S.L., con intervención do Fogasa, e en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 4.023,60 euros que se incrementará cos xuros moratorios previstos no artigo 29.3 ET para os conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a White-Wise Corporation, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial