Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (AB-EIC1-14-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Paseo General Sir John Moore, 2, 1ª planta, 15001 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 3 de marzo de 2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento: anticipada e aberto.

a) Criterios de adxudicación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 818.181,82 €.

b) IVE: 171.818,18 €.

c) Importe con IVE: 990.000,00 €.

5. Garantías exixidas:

– Provisional: non.

– Definitiva: si. Cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 3 de marzo de 2014.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Hospital Abente e Lago.

2º. Domicilio: Paseo General Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente e Lago; planta segunda do edificio da antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña. Paseo General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de realización de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de xaneiro de 2014.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2014

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerencia de Xestión Integrada da Coruña