Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2014, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os representantes legais das entidades interesadas para seren notificados por comparecencia en expedientes de cualificación de vivendas de promoción autonómica.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os representantes legais das entidades que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, nº 2, piso 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2014

Luis G. Eirís Puñal
Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Domicilio social

Acto notificado

C09-AX-0046/10

Grupo Inmobiliario Impacta, S.L.

Santiago de Compostela

Proposta de resolución de arquivamento

C09-AX-0047/10

Inversiones Santiago Norte, S.L.

Santiago de Compostela

Proposta de resolución de arquivamento

C09-AX-0055/10

Ofir Inversiones, S.L.

Ames

Proposta de resolución de arquivamento

C09-AX-0056/10

Ofir Inversiones, S.L.

Ames

Resolución de arquivamento

C09-AX-0013/11

Jesán Galicia, S.L.

A Coruña

Resolución de recurso de alzada