Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2014 polo que se procede á notificación por comparecencia da resolución pola que se acorda resolver o contrato da obra de saneamento no núcleo da Senra, parroquia de Cervo do concello de Cervo (clave OH.327.587).

Con data do 18 de decembro de 2013, a Presidencia de Augas de Galicia ditou resolución pola que se acorda resolver o contrato da obra de saneamento non núcleo da Senra, parroquia de Cervo (Lugo), de clave OH.327.587.

Unha vez tentada dúas veces a notificación da resolución, a través do servizo de Correos, no enderezo sinalado pola empresa Roymer Obra Civil, S.L., e no enderezo a que foi reexpedida pola oficina de Correos, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 59.5, en conexión co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase a empresa Roymer Obra Civil, S.L. para ser notificada da resolución por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar ante Augas de Galicia, situada na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo, en Santiago de Compostela, en horario de oficina, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se transcorrido o dito prazo non tivese comparecido a interesada, a notificación dos actos administrativos a que se refire este anuncio entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, remitirase este anuncio de notificación por comparecencia ao Concello de Mos e ao Concello de Redondela, para a súa colocación nos seus respectivos taboleiros de anuncios ata o día que venza o prazo para comparecer a interesada.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia