Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (930/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 930/2013 por instancia de Mariano García Jiménez contra Ibeira Enterprise Networks, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Mariano García Jiménez, contra a entidade Iberia Enterprise Networks, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 4 de xullo de 2013 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Iberia Enterprise Networks, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.462,62 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mariano García Jiménez, contra a entidade Iberia Enterprise Networks, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Iberia Enterprise Networks, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 5.179,73 euros brutos, polos salarios percibidos entre abril e xullo de 2013, parte proporcional de pagas extras de Nadal e xullo de 2013, así como a compensación económica das vacacións de 2013, incrementadas no interese do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Iberia Enterprise Networks, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial