Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Gudiña (expediente IN407A 2013/42-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: S.A. de Obras y Servicios (Copasa).

Domicilio social: avda. Beato Sebastián Aparicio, s/n (ffcc), 32549 A Mezquita.

Denominación: LMT e CT Túnel O Cañizo vía dereita.

Situación: A Gudiña.

Características técnicas:

LMT aérea de 361,18 m de lonxitude total, realizada con cable de aluminio-aceiro, LA-56; ten o seu entroncamento/conexión no apoio existente propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A.

LMT subterránea de 20 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), que discorre entre os apoios nº 1 e nº 2 da LMT aérea proxectada.

LMT aérea en LA-56 desde o poste número 2 ata o poste número 8.

CT aparellaxe para o nivel de tensión 20 kV, cela de liña, cela de protección e cela de medida. Transformador en baño de aceite de 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 81.868,33 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan precisas, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e do ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 20 de decembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial