Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2014 Páx. 5925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/C/2013/00023.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido na rúa Rosalía de Castro, 129, Carril, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), a resolución que desestima o recurso de alzada número RA/C/2013/00023, que foi devolta polo servizo de Correos, formulado contra a resolución do secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da cal a súa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Estimar parcialmente o recurso de alzada número RA/C/2013/00023, interposto por Dolores Tajes Sambade, María Eiras Tajes e Beatriz Eiras Tajes, contra a Resolución do 28 de febreiro de 2013, ditada pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, no expediente de autorización número A-PO-2010/72, pola que se legalizan partes das obras realizadas nunhas naves situadas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, na rúa de Valentín Viqueira, no Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, e

1. Revogar a resolución impugnada no relativo á legalización das obras realizadas na nave 2 por estar situada fóra da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre.

2. Denegar a legalización das obras consistentes no peraltado de pinche das naves 1 e 3 a base de muro de ladrillo.

Contra esta resolución, que é firme na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10.1 letra m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas