Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5676

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2014, da Xerencia da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoría pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe de grupo de Facturación no Hospital da Costa.

Convocada por Resolución do 9 de agosto de 2013 (DOG nº 184, do 26 de setembro), a provisión dun posto de xefe de grupo de Facturación, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas no artigo 3 da dita orde e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de grupo de Facturación convocada pola Resolución do 9 de agosto de 2013.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Burela, 9 de xaneiro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Anexo

Posto: (N-C2-01) xefe de grupo auxiliar administrativo.

Sección: Facturación.

Nome e apelidos: Salvatierra Rodríguez, Montserrat.